Dobao Fernández  Fco Javier.

     

  Barcelona. 1973

 

      Nado en Barcelona, aínda que galego de orixe, crece  e  pasa a sua adolescencia rodeado de esculturas, vendo traballar ó seu  pai  dende un modesto obradoiro na  rúa  Escudillers  do barrio Gótico de Barcelona,  ata o seu obradoiro actual na cidade de Vigo.

         En 1993 ingresa en la Facultade de Belas Artes, que compaxina con  estudos de psicoloxía  e o traballo de aprendiz no estudio do seu  mestre, o escultor Pedro Dobao, co que traballa e colabora coma axudante na realización de monumentos e esculturas de gran formato, da máis diversa temática, materiais e técnicas empregadas  ó longo da xeografia galega, á  vez que realiza prácticas de fundición nunha empresa de Vigo.  

          En 1997 participa na exposición, “ Galicia Terra Única”, cunha escultura en aceiro inoxidable de dous metros de altura, que se ubicou temporalmente na alameda de Pontevedra.

         En 1998 traballa  de profesor de ensinanza secundaria, impartindo a  asignatura,Educación plástica e visual,nun colexio da Cidade  Olívica.

         En 1999 participa  na creacíón  do programa “Arte e Natureza.” e na creación e organización do I Simposium Internacional de escultura do Alba, no que tamén participará cunha escultura en pedra titulada “Natureza e Cultura”, ubicada no mirador do monte Alba  en Vigo.

         No ano 2000 traballa na realización dun estudio histórico e xeográfico en coordinación co colexio de arquitectos de Galicia, que pretende a localización de núcleos rurais, "Aldeas," da provincia de ourense para a súa posterior rehabilitación.

  .......No ano 2001 é seleccionado para participar no X Simposium Internacional de escultura en pedra de Galilea, coa obra «Arquitectura do Sol.», ubicada nun espacio urban de Ma´alot, Galilea.

.........Nos anos 2002 e 2005 traballa na realización de monumentos e obras públicas xunto con Pedro Dobao, coma o "Homenaxe á Vaca", Melide, ( A Coruña.) ou "lavandeiras." relieves en bronce tamaño natural ubicados en Marín (Pontevedra).

........ No 2006 realiza o monumento homenaxe a Antón Losada Dieguez, con motivo do día das letras galegas adicadas o ano 2005 ó importantísimo escritor e pensador galego.